miércoles, 18 de diciembre de 2013

J. Rodil recibe o segundo premio "Alma da Artesanía 2013"


O artesán de navallas pontenovés José Rodil, acadou o pasado martes o segundo premio adquisición do concurso “Alma da Artesanía 2013” coa obra “Reunión familiar” dentro da categoría Artesanía Tradicional.
O evento tivo lugar no centro Cenima de Foz e estivo presidido pola Delegada da Xunta en Lugo Raquel Arias, o presidente da Mancomunidade Alfonso Fuentes, a directora do Centro de Artesanía e Diseño de Galicia Elena Fabeiro, o Director de Competividade da Xunta José Luis Maestro entre outros representantes da Mariña Lucense.
O premio de Artesanía “Alma da Artesanía “ configúrase como un recoñecemento institucional ao sector da artesán na comarca e a súa traxectoría, e ten como finalidade recoñecer o traballo dos artesáns , prestixiar a artesanía nun entorno de calidade e excelencia, e recoñecer os méritos daqueles obradoiros que destacan pola súa creatividade, adaptación ao mercado e capacidade de innovación, conservando as características específicas que definen a artesanía.


XORNADA IMPORTANTE



Importante fin de semana para os nosos. O equipo xuvenil recibe o Friol C.F. no que será o duelo de colistas. Na primeira volta gañaran os pontenoveses.

Xa na tarde do domingo, o Sporting Pontenova recibe a S.D. Pol, nun partido importante para fuxir dos postos perigosos da clasificación.

¡Aúpa Sporting!