viernes, 4 de octubre de 2013

Jorge García pon en valor a achega do goberno galego para tarefas de mellora en pistas e camiños de A Pontenova

  • Preto de 49 mil euros distribuídos en sendas partidas, entre o ano en curso e o 2014, destina o executivo galego para actuacións en pistas e camiños deste concello mariñán
  • Rehabilitar a rede de camiños e estradas interiores de dito municipio para mellorar as conexións dos núcleos rurais é o obxectivo destas axudas

Pontenova 2 de outubro de 2013. O voceiro do PP de A Pontenova, Jorge García, resaltou esta mañá o compromiso e aposta da Xunta de Galicia cos espazos rurais e salientou os preto de 49 mil euros que achega o goberno galego para incrementar a calidade de vida das zonas rurais de A Pontenova, contribuíndo á fixación da poboación rural e á diversificación económica.

O executivo galego destina 48.812,14 euros a distribuír en dúas anualidades entre o ano en curso e o 2014 para mellorar e manter camiños de titularidade municipal e modernizar así os accesos e a comunicación a través da rede viaria”- manifestou Jorge García, quen mostrou a súa satisfacción por esta boa nova.

O popular lembrou que estas axudas están destinadas a tarefas de mellora ou mantemento de camiños de titularidade municipal na procura de modernizar os accesos e a comunicación a través da rede viaria e están enmarcadas dentro do obxectivo dos plans de mellora de infraestructuras básicas.

Estas axudas inciden, especialmente, na modernización da calidade de vida da súa poboación rural”- manifestou García, quen destacou que esta situación actual de crise económica e financeira fai necesario reforzar máis a colaboración coas entidades locais en actuacións dentro do ámbito competencial de cada administración que redunden na mellor prestación de servizos por parte dos concellos.

O voceiro popular de A Pontenova lembrou que o goberno galego destina unha dotación preto de 14 millóns de euros a esta actuación de mellora de camiños, que se inclúe dentro do obxectivo global dos plans de mellora das infraestructuras no medio rural, que persegue que a totalidade dos concellos galegos se beneficien da mellora das súas infraestructuras básicas, a través de axudas ás entidades locais e, máis concretamente, dos concellos de Galicia.

Ximnasia de mantemento



Futbol 5 Oct 18.30