martes, 27 de agosto de 2013

Fotos do Baix-eo e Faragull-eo 2013

Clic en la imagen para acceder al album.
Fotos feitas por Ventura e Carlos Bermudez

VOLVE O FUTBOL O CAMPO DA MINA



Recopilación de videos 2ª Subida A Pontenova

Esta fin de semana foron dous días de ruido, motor, nervios, présas e olor a gasolina na Pontenova disputando a II Subida A Pontenova, proba puntuable para o Campionato de Montaña. Unha rapidísima subida moi ben organizada por unha escudería que aínda ten pouco tempo de vida.

O piloto César Rodríguez impúxose ante o resto dos participantes co seu TCastor TC3/C quedando na primeira posición cun tempo de 4:20:531, facendo o seu mellor tempo na 1ª manga oficial do domingo. Por outro lado o corredor de HVC Escudería, Sergio Varela (Silver Car S2), quedou a tan só 2.277 segundos acadando así o segundo lugar da clasificación, seguido por Jacobo Sobral (Silver Car S2) de Escudería Sohers a 5.410 segundos de César.

ESCUDERÍA A PONTENOVA

Os irmáns Pipo e Óscar López Salgado de Sta. Apolonia Rent quedaron na posición 12ª e 17ª respectiamente da clasificación xeral; Pipo conducindo o Mitsubishi Lancer Evo IX (+37.322 segundos) e  Óscar o Peugeot 206 RC (+43.922 segundos).

Tamén a local Andrea Díaz Moirón, que leva competindo en deportes de motor case dende que aprendeu a andar acadou a 15ª posición xeral cun tempo de +40.992 segundos.

Cabe destacar que houbo un piloto, o máis valente da súa familia (guiño guiño), Kike Lombardía acadou a oitava posición debutando cunha Barqueta Dicode RCF logrando quedar a tan só +15.820 segundos do primeiro.

VIDEOS

Recopilación de pasadas polas "Cruces" antes da Picota:

Pasadas polas Cruces na 2ª Subida A Pontenova from Chass Lombardía on Vimeo.


Kike Lombardía na Barqueta:





Sta. Apolonia Rent compartiu en Facebook uns videos que subiu Iván Gómez á súa canle de Youtube da cámara a bordo que foi no Peugeot de Óscar López.

Óscar López. Primeira manga oficial do domingo:




Pipo López. Segunda manga oficial do domingo:




Aquí o noso amigo Nacho subiu a Youtube unha serie de videos que non teñen desperdicio. Ademáis fixo un gran traballo, documentounos moi ben poñendo o nome dos coches. Son curtos, pero presta velos. Aquí os deixo:


Espero que vos gustase esta entrada.
Fdo: Chass, Carlos Lombardía

Mineiros de ouro que 'tan só' sacaban ferro

Homenaxe. A Pontenova xa non conserva moitos recordos materiais das pasadas épocas da grandeza mineira da localidade, mais nas mentes dos máis vellos do lugar está todo ben gardado. Fernando Paraje e Paco Cancelas son dous veciños da parroquia de Conforto que traballaron na mina. O primeiro foi homenaxeado onte polo seu labor.

AO MESMO TEMPO que Antonio Molina comezaba a cantar o popular ‘Soy minero’, e incluso antes de que Victor Manuel entonase a ‘Planta 14’ dedicada ao mundo do traballo mineiro, dous veciños da Pontenova xa andaban a traballar na pedra, picando e transportando, para que outros lle desen o toque artístico ao tema. A parroquia de Conforto semella un pobo tranquilo e placenteiro para a retirada tras moitos anos de traballo. Alonxados do calor de Benidorm e do bullicio de Madrid, Fernando Paraje e Paco de Cancelas descansan os seus 83 e 84 anos, respectivamente, mentres se alegran lembrando os tempos nos que A Pontenova era case case capital de provincia.


Este ano, como nos últimos, o festival das minas homenaxeou a un dos vellos traballadores do municipio. A Paco de Cancelas xa lle tocou no 2008, e nesta edición o galardoado será Fernando Paraje, aínda que como el di «eu ata que digan o meu nombre non quero recibir felicitación ningunha».