jueves, 18 de julio de 2013

Esquela aniversario José Carballeira Pacio "Casa Neiro - O Mazo" Espasande de Abaixo


Esquela aniversario Ramón Quintana Cancio "Ramón de Pura de Veiguiña - Villaodrid"


SPORTING PONTENOVA 2013/2014



O Spórting Pontenova confirmou a renovación por un ano mais do seu adestrador, Dani Moirón. 

O preparador gualdinegro cumplirá así o seu cuarto ano na entidade pontenovesa, logo de que nos tres anteriores conseguise o obxectivo marcado da permanencia.
 
Ademáis, fontes da entidade pontenovesa confirmaron a continuidade do “90% do plantel da temporada pasada”. As únicas baixas do conxunto da Mina será Pablin, Juanfri, Piensos (por motivos laborais) e o veterano porteiro César, que abandona a práctica do fútbol afeccionado ós seus 50 anos.

No ámbito de incorporacións, o equipo gualdinegro apostará unha campaña máis por xogadores da casa, incorporando ós xuvenís Iván Fernández (medio-centro) e Luis López(Central), ademáis de Anxo (mediocentro), que xa disputou a temporada pasada co equipo senior da entidade.

Ademais o equipo que dirixirá Dani Moirón incorpora a Patxi Maseda, xogador de ataque procedente do Cubelas F.S. Vestirán de gualdinegro tamén Adrian Queitas, zagueiro que estaba practicando a disciplina do Fútbol-7 e Borja, porteiro procedente do Astur Vegadense.

Os xestores do equipo pontenovés confían en pechar outras dúas fichaxes, que segundo din, “daríanlle un salto de calidade ó equipo”.

O equipo botará a andar o venres 2 de Agosto e xa ten programados varios amistosos ante clubs da contorna.

O obxetivo para o próximo ano que se marca a directiva do equipo mariñán será “a permanencia na categoría  e ir asentando o equipo, ademáis de continuar vendo reflectido o traballo da canteira no primeiro equipo.”

¡Aúpa Sporting!

Fotos de la cena de la Generación del 71