viernes, 21 de junio de 2013

A Chocolateira Documental

A Chocolateira, documental sobre o tren mineiro entre A Pontenova e Ribadeo, foi proxectado na Deputación.

 Lugo, 20 de xuño de 2013. O salón de actos da Deputación de Lugo acolleu este xoves 20 de xuño a proxección do documental “A Chocolateira”, unha peza audiovisual realizada por Xosé Reigosa que versa sobre o único ferrocarril mineiro que existiu en Galiza, construído para transportar o carbón que se extraía das minas de Villaodrid (actualmente A Pontenova), e levalo a Ribadeo, onde era cargado en barcos que o trasladaban a diversos lugares de Europa.

O delegado de Cultura e Turismo da institución provincial, o nacionalista Mario Outeiro, que asistiu á proxección, explicou que “este documental é un proxecto que, comezando na boca da mina, fai un percorrido ao longo da vía entrevistando a 22 persoas que contan as súas experiencias en torno ao tren, ata chegar ao cargadeiro de Ribadeo”.

Esquela aniversario Enrique Iglesia Bouso "Casa do Vilasio - Ferreiravella" - Riotorto