lunes, 13 de mayo de 2013

MEXILLONEO 24 e 25 de maio

Los días 24 y 25 de mayo se celebrarán en A Pontenova unas jornadas de TAPEO, el viernes con tapeo libre y el sábado basicamente mejillones. Las tapas serán gratuitas para todos los clientes y además se regalarán rifas para un LOTE DE PRODUCTOS (vino, empanadas, café...) que se sorteará con la ONCE del lunes 27/05. El evento está organizado por todos los locales de hostelería de la villa (Hotel Restaurante San Briz, Bar Barreiros, Bar Puente, Cafetería Hostal Rio Eo, Bar Albino, Bar Esquina, Bar Benitos, Rony Bar, Restaurante A Estación, Cafetería Casa da Cultura, Parrillada Sarredo, Bar Navia, Bar Lennon y Mesón A Mina).

SERAFIN RON LOMBARDERO


LETRAS GALEGAS 2013 - PENSAMENTO E SEMENTEIRA

Hai agora 25 anos, o músico HERNÁN NAVAL PARAPAR lanzou, sendo presidente da Agrupación Cultural SEMENTEIRA,  “unha campaña nacional de propaganda e de estímulo da povoación”—así o deixou  escrito—para lograr que o Teatro Pastor Diaz  fose patrimonio público. E así foi.

Mentras o edificio do Teatro estivo en obras, SEMENTEIRA  programou  representacións teatrais en varios locais, privados e  públicos da vila. O café-bar Chipe ou os claustros de San Francisco acolleron representacións en pequeno formato  nas que actuaron, entre outros, actores como Roberto Vidal Bolaño a quen este ano se lle dedica o Día das Letras.

Roberto morreu cando só tiña 52 anos e Hernán deixounos aínda sen cumpir os 40. Os dous estaban no mellor da súas vidas creativas.

O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA quer celebrar  o Día das Letras vinculando estes dous nomes co fermoso Teatro Pastor Diaz. É por iso que os convidamos ao acto de colocación dunha placa na fachada fo Teatro Pastor Diaz  onde actuará o Grupo de Metais do Conservatorio o videiro martes día 14 de maio de 2013 ás 20 horas

Organiza:
-Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA

Colaboran:
-Grupo de Metais do Conservatorio Profesional de Música
- Concello de Viveiro

 Mariña Patrimonio

Curso de verán en Meira, 22 ao 26 de xullo

BIOMASA FORESTAL E BIOENERXÍA

Datas: do 22 ao 26 de xullo
Lugar: Salón de Actos, Casa da Cultura, Concello de Meira
Nº de horas lectivas: 32
Directora: Roque Rodríguez Soalleiro
Secretario: Xurxo Proupín Castiñeiras
Límite de alumnos: 55

Para mas información pulse aqui

Entrevistas con morriña: Ramón Pedro Díaz López

Entrevista realizada por Santiago Coladas.

Nesta nova entrega de "Entrevistas con morriña" tuvemos ocasión de falar con Ramón Pedro Díaz López (A Pontenova, 1.960) da casa de Pedro Factor na Feira.


SPORTING PONTENOVA 2012/2013 (COPA DIPUTACIÓN)



AVANTI SPORTING

O Sporting Pontenova solventou con nota a primeira eliminatoria da Copa Diputación. Nun partido que se presentaba moi complicado, polo resultado colleitado no partido de ida (0-0) o Sporting apelando o "Espiritu da Mina" conseguiu vencer por 2-1 ao Riotorto C.F. O partido puxose costa arriba cunha tanto do ex-sportingüista Cristian mediada a segunda parte, pero o Pontenova, veuse arriba e conseguiu darlle a volta o marcador con dous tantos de Puente. Gran victoria e gran remontada ante un digno rival. Na seguinte ronda espera o C.D. San Ciprian.

¡Aúpa Sporting!