jueves, 18 de abril de 2013

Meson Parrillada A Mina. Sorteo de una bicicleta.


Riotorto festexa a cultura do ferro

Traballos de forxa ao vivo, obradoiros de artesania, feira de produtos e moita animación para todos os públicos convidan a visitar Riotorto o domingo día 21 e participar na VI Feira dos Ferreiros na que se rende tributo a unha actividade tradicional do concello. Unha actividade que permanece viva desde hai 500 anos.

Riotorto é terra de ferreiros, unha actividade tradicional da que queda pegada no concello e que cada ano homenaxean na Feira da Artesanía do ferro que chega agora xa a súa séptima edición. O domingo día 21, o Concello organiza o popular encontro no que, cada ano, se artella un programa co ferro como protagonista. Demostraciósn de forxa ao viv,o obradoiros de artesanía, de fabricación de carbón vexetal e actividades de animación inclúense nun programa que se inaugurará ás 12:00 cun acto oficial que contará coa participación dos “Gaiteiros de Riotorto” e o coro da localidade. Durante o día, alén da mostra de actividades arredor do ferro, haberá pasarrúas a cargo de “Volta e Dálle” e teatro co espectáculo “O Afiador” da compañía “Os Quinquilláns”.

Concello como grande taller de artesáns

O alcalde de Riotorto, o nacionalista Federico Gutiérrez Estoa, destaca a relevancia desta xornada que ten como obxectivo a dinamización económica, cultural e turística do concello arredor dunha actividade que foi trabe económica na conca do Eo. “A día de hoxe xa son máis de 108 expositores que teñen confirmada a súa asistencia o que contribuirá a facer da nosa localidade unnha grande exposición da actividade económica que se xera no País. A feira é para nós unha xornada lúdica, de dinamización económica e promoción turística” sinala o alcalde que defende as posibilidadedes dun turismo vencellado á artesanía. “Riotorto é, no seu conxunto un grande taller de artesáns, mais sen artificialidade algunha, posto que a actividade dos ferreiros permanece viva desde hai máis de 500 anos” comenta, desta tradición que é aínda presente e pula pola activación económica coa promoción por parte do goberno municipal.

Sermos Galicia

Sporting Pontenova Ano....?


SUPERTI A PONTENOVA-ADFS BUEU




Sabado a partir das 18:00 Horas (seis da Tarde) no Pabellon Municipal de A Pontenova
ultimo partido da tempada como locales SUPERTI A PONTENOVA-ADFS BUEU Futbol-sala.