viernes, 29 de marzo de 2013

SPORTING PONTENOVA VETERANOS

Dende o Sporting Pontenova estamos intentando crear un equipo de veteranos. Sería para competir na Liga Do Norte De Veteranos composta polos seguintes equipos: Barreiros, Burela, O Castros (Asturias), Cangas (Foz), Viveiro, Ribadeo e Val do Ouro. Esta liga ten unha duración de Abril a Outubro e os partidos son cada 15 días (2 partidos o mes).

Dende o Sporting Pontenova animamos a todos aqueles interesados a acudir a unha reunión informativa que terá lugar o domingo día 31 de Marzo ás 12:00h na Casa das Asociación (Detrás do Ximnasio). O único requisito é ser maior de 35 anos non importa haber formado parte con anterioridade do Sporting Pontenova ou non.

En caso de non poder asistir poñerse en contacto con algun membro da directiva gualdinegra. 

¡Contamos contigo!
¡Aúpa Sporting!