martes, 5 de febrero de 2013

Larpeiradas descoñecidas. A Pontenova na Galega.

O programa trata sobre doces e confeitos descoñecidos para a maioría da xente. Para iso, o equipo visita A Pontenova, Muros e Cerdedo na busca dunhas sobremesas moi particulares e, sobre todo, moi saborosas. Ademais, os espectadores poden ver que orgullosos están delas os habitantes de cada lugar e cantas historias hai agachadas arredor.
 Clic na imaxe para acceder o video. Podes desplazarte ata o minuto 33:30 que é onde empeza a reportaxe da Pontenova.

Sete Grupos De Emerxencias Supramunicipais

POÑENSE EN MARCHA 7 GRUPOS DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAIS NA PROVINCIA DE LUGO GRAZAS Á COLABORACIÓN ENTRE XUNTA, DEPUTACIÓN E CONCELLOS

O novo modelo cubre todo o territorio lucense ao sumar os 7 Grupos de emerxencias aos 6 parques comarcais de bombeiros e ao parque municipal da capital lucense

Os GES estarán situados na Fonsagrada, Guitiriz, Becerreá, Monterroso, Pontenova, Cervo, e Quiroga/Folgoso
FOTO_POÑENSE EN MARCHA 7 GRUPOS DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAIS NA PROVINCIA DE LUGO GRAZAS Á COLABORACIÓN ENTRE XUNTA, DEPUTACIÓN E CONCELLOS   

A Xunta en colaboración ca Deputación de Lugo e cos concellos da provincia poñerá en marcha 7 grupos de emerxencias supramunicipais (GES) na provincia luguesa, aos que se suman o parque municipal de Lugo, e 6 parques comarcais, segundo anunciou hoxe o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva en Lugo.

Deputacion de Lugo


Dia de primeras comuniones en Pena da Cruz

El Progreso

Carnaval Infantil 10 de febreiro 2013


Santa Apolonia 17 de febreiro 2013