lunes, 7 de enero de 2013

O Partido Popular de A Pontenova solicita unha Ordenanza Municipal de subvencións.

O PP de A Pontenova presentará unha Moción no próximo Pleno instando ao goberno do PSOE a que aprobe unha Ordenanza Municipal que regule as subvencións ás Entidades sen ánimo de lucro.
Neste senso o PP solicitará a Darío Campos que regule a través dunha Ordenanza as subvencións co Concello Pontenovés concede ás distintas entidades para  a través dunha convocatória regulada  de subvencións existan uns criterios públicos, obxectivos e transparentes na concesión das mesmas, evitando situacións como a que se estivo a vivir estes dias pasados entre o Superti Futbol Sala e o Concello pontenovés.
Ademais, o PP denuncia que Darío Campos minte e o engana xa que no último Pleno e en resposta a unha Pregunta  deste Grupo, entregoulle a relación de subvencións do ano 2011 onde se indica que están todas pagadas e dias despois o Superti Futbol Sala, que non figura nesa relación, denuncia que ten sen cobrar as subvencións de 2011 e 2012.
O PP espera que esta Moción sexa aprobada e que o equipo de goberno regule as subvencións do ano 2013 a través, xa,  desta Ordenanza e que ademais nos presupostos do 2013 que ainda están sen aprobar, xa se recolla a partida presupostaria necesaria para convocar publicamente ditas subvencións
Finalmente esta Ordenanza, entendemos desde o Partido Popular, que deberá incluír ás Entidades Sociais, Culturais e Deportivas, e que deberá garantir dunha maneira pública e transparente a concesión e as contías das axudas e subvencións municipais, evitando partidismos e personalismos, sobre todo tendo en conta a importante labor que todas estas Entidades, cada unha no seu ámbito de actuación, están a desempeñar en beneficio dos veciños e veciñas de A Pontenova.
Nota de prensa PP A Pontenova

Esquela funeral María Rosa Conde Díaz "Casa Losada - Ermida (Vilaboa)"