jueves, 7 de marzo de 2013

Entrevistas con morriña: Manuel Pérez Pérez

Entrevista realizada por Santiago Coladas.


O noso convidado de hoxe é máis conocido na Pontenova como Manolo de Agrelo (1.957),nacido en Villarmide.


Nota do entrevistado: Antes de poñerme a contestar as preguntas, quero pedir perdón pola miña escritura en galego, pero quero contarvos cousas da miña vida usando o idioma da nosa terra, e da maneira que se fala polos pobos da Pontenova, e como non teño moito coñecemento das reglas de ortografía do galego, por iso ó mellor meto a zoca en máis dunha palabra.
Quero dicir, referindome a isto, que no meu pobo, a esta forma de escribir e falar, chámase “o castrapo”.


Pontenova.es: ¿En que lugar concreto do noso municipio naciche/viviche e como lle chamaban á casa de teus pais?

Nacín no pobo de Vilarmide, no ano 1.957. Son da casa de “Agrelo”, que esta situada na misma carretera, o lado do que foi a taberna de Vilarmide. Meu pai era Jesús de Agrelo, era o mairazgo da casa, xa fai anos que morreu, no 1.993, e a miña nai erá Angélica, que nacera nun barrio da parroquia de Carballido, chamado A Veiga dos Vienteiros. Os meus pais en canto o tema de ter fillos foron algo folgazais, xa que solo tuveron un fillo, que son eu.

Pontenova.es: ¿A partir de que edad te marchache da vila e para donde?,¿Cales foron os motivos?.

Vivín en Vilarmide ata os dezanove anos, que foi cando marchei facer a mili á Brigada Paracaidista en Alcala de Henares (Madrid). Logo volvín a vivir no pobo ata os vintetres anos, casándome cunha rapaza de Madrid, que tiña as súas raíces no concello da Ribeira de Piquín. Caseime no ano 1.983, marchando a vivir a Madrid, e coma tantos outros paisanos nosos, ca finalidade de mellorar as expectativas de vida e labrarme un porvenir mellor co que puidera ter en Vilarmide, na labranza, ou traballando na empresa de construcción de “Carballeira”, co que traballei tres anos. A este patrón, a Manolo de Carballeira, débolle moitas cousas, pra min foi unha gran persona.

Pontenova.es: A que escola fuche e quenes eran algún dos compañeiros da túa edad?

Eu fun a escola de Vilarmide ata os catorce anos. Fun un rapaz moi precoz, pra aqueles tempos, xa que empecei a ir a escola con apenas tres anos. Fun dos primeiros nenos que foron a escola que se fixera, sendo alcalde de A Pontenova, José Antonio Alonso “O Violo”.
A culpa de que eu empezara a ir a escola tan pequeno, tuvoa unha señora de Liñeiras (A Pontenova), a maestra Ana María, xa que me collera moito cariño, e como me daba naranxas, eu chamaballes “ranaxas”, pois eu encantado, pra ali iba con ela. Moitas gracias e moita salud Ana María. Fixadevos se me deixou marcado esa maestra, que a miña filla leva o nombre de Ana María en honor a ela.
Ali, na escola de Vilarmide, tuven bos compañeiros e amigos, José Manuel do Freixo, Adela de Estudiante, Mercedes de Pericon, Pilar e Carmen de Culan, Hipolito de Muruais, etc...
Logo, ó acabar os estudios que podía facer na escola de Vilarmide, marchei a estudiar a “universidade da Picota” en Vilamea, onde estiven dous anos, pra logo deixar os estudios por problemas de salud do meu pai, e como eu era fillo único, pois tiven que traballar na labranza ata marchar pra “Mili”.
En Vilamea tuven tamén bos compañeiros, Suso de Linares (o panadeiro), José Ramón de Millán da Santa Polonia, Daniel dos Danieles de Vilamea, Mari Carmen da Picota, Fermin de Neipin (o pintor) e a su prima Pili, José Luis e as suas irmas, Arango, etc...

Pontenova.es: ¿Cales foron os principais lugares donde viviche durante todos estos anos? e ¿Dónde resides na actualidad?.

Como xa dixen, eu marchei de Vilarmide no ano 1.983, cando me casei. Marchei a vivir a Madrid, que era onde vivía e traballaba a miña muller. Ali comencei a preparar as oposicións pra Policía Nacional, entrando na Academia de Canillas (Madrid) no ano 1.984. Ali estiven un ano, xa que son da primeira promoción da Policía Nacional que tuvo un ano de academia, e tamén a primeira promoción en que entraron mulleres na Policía.
Cando terminei a Academia, parte das prácticas fíxenas na Comisaría de Viveiro, e a parte última en Málaga.
Logo o meu primeiro destino foi Tarragona, onde sigo vivindo, aunque despois de dar varias voltas por España.
Cos meus estudios e ascensos, estuven vivindo tamén en Barcelona, Ávila, Madrid, etc...
Aquí en Tarragona, naceron os meus tres fillos, Ana María, Jesús Manuel e Javier Alejandro. A miña filla xa non reside aquí, vive en Madrid, pero ten un cariño por Vilarmide e pola Pontenova, que moitos que naceron nesas terras seguro que non teñen. Por iso estou tranquilo que as tradicións da casa de Agrelo non se perden aínda de esta volta.

Pontenova.es: ¿A qué te dedicas profesionalmente?.

Son funcionario de Policía, teño a categoría de Inspector, son o xefe do Grupo de investigación contra a delincuencia económica, blanqueo de capitales, e todos os delitos de contido económico, o meu Grupo e dos que que tanto se fala últimamente, a UDEF.
Tamén, ata hai cinco anos, tuven unha academia en donde daba clases para preparar oposicions, tiña varios profesores asalariados para que me axudaran. Pero, xa digo, hai cinco anos deixei a enseñanza, xa que non podía sacar tempo pras clases, pro traballo e pra familia.
Pero tamen, o longo da miña vida profesional e familiar, os principios de estudio e sacrificio que me inculcaron os meus mestres, Ana María de Liñeiras e Don Enrique de Vilamea, me levaron a nunca deixar os libros desde que entrei na Policía.
Eu salin da nosa terra, cos estudios básicos, logo no tempo libre que tiña co traballo, saquei primeiro a carreira de Dereito pola UNED, e logo as carreiras de Criminología e Ciencias Policiales pola Universidade de Salamanca, así como o Doctorado en Dereito.
Pero todo esto que acabo de contar, éncheme profesionalmente, pero a costa de renunciar a volver profesionalmente a nosa terra, tempos atrás, e ahora que podía, pois os fillos atan a un, e hai que estar con eles, polo menos ata que se independizan.

Pontenova.es: ¿Cales son os recordos que máis se che veñen á cabeza da túa xuventude na Pontenova?.

Bueno, os recordos son moitos, nos vos podedes imaxinar, a miña mente non para, non pasa día que eu non me acorde de algunha cousa de ahí, ou de algunha persoa. No meu traballo, ou na miña vida cotidiana, aproveito calquer detalle para soltar algun dito ou historia vivida por min nese noso Concello.
Acordome das miñas idas e vidas a feira da Ponte, no coche de linea de Eladio. Xa era todo un acontecemento a reunión que se preparaba en Vilarmide os domingos de feira, na taberna de German, para esperar a chegada de coche de linea, que sempre o conducía ou Eladio, ou o seu conductor, Suso. Ali xuntábase xente de Vilarmide, Galegos, A Veiga, Lourido, Santradrao, Fonseca, Fulgueirua, Carballido, Fontangordo, Navallo, etc. fixádevos que morea de xente, era ou non un acontecemento, iban tantos que a xente non collía nos asientos e iban na parte de arriba do coche, no sitio das maletas.
Logo na Ponte, despois de facer os encargos, sobre todo comprar o periódico, xa que era un fánatico da lectura e da actualidade, a pesar de que era un pequeno. Eu iba con meu pai Jesús o co meu padriño Victorino, comiamo-lo pulpo, no Albino ou donde o Chino.
Tamén o pasaba moi ben nas festas das feiras, sempre había moi boas orquestas, e como non os coches de choque, as tombolas e a caseta do tiro do “Samarugo”.
Referente as feiras, debía ser pola mitade da década dos setenta, cando o palco a música se instalaba nos porches do Concello, veu tocar un grupo de cinco músicos, que eran todos de raza negra e vestidos cas túnicas típicas de Africa, foi todo un acontecemento na Pontenova e nos concellos limítrofes. Acórdome os comentarios da xente maior “mirade son negros, e saben tocar”. Xa digo, creo que foi un dos acontecementos máis importantes na historia moderna do noso Concello.

Máis tarde, xa algo mais grande, quen non se acorda das tardes e noites pasadas na discoteca “Xolda”, eu creo que foi un dos sitios que máis marcou a xuventude da Pontenova da década dos nacidos nos cincuenta, sesenta e setenta.
Outros recordos estupendos, as festas que había por todos os pobos, durante todo o ano, eu era moi festexeiro, e iba a todas as que podía, Vilamea, Vilaboa, Vilaudriz, Xudan, etc.
E non podo deixar de recordar e comentar, o grandisimos recordos que teño da xente maior de Vilarmide. Eu era un neno moi amigo dos “velliños” do pobo, sempre estaba ó redor deles, dábanme mois bos consellos, e sobre todo contábanme historias da vida dos de antes, as constumbres do pobo, quen fora moza de quen, etc. Gracias á esta xente maior teño conocementos vividos no Concello desde fai moitos anos. Xente que quero nombrar a recordar desde aquí, pra que sepan os seus descendentes quenes eran eses “velliños”: Francisco de Ordeiro, Nicolas, Manuel e Pedro de Cambeiro, Jesús de Carlos, Manuel de Xintin, Xinto de Mariquiña, Eduardo de Petas, José María do Belcho, José do Freixo, estos en Vilarmide, logo tamén me contaban contos e historias o Xulio de Vilaboa, o Follego de Galegos, Jesús de Candida de Lourido, Albino do Castro, Ramón da Tia Manuela de Fulgueirua, Ramón de Canelas, etc.
E como non recordar, as famosas, e sempre nosas, “Polavilas”, quen non recorda algun de aqueles contos, “contos das polavilas”, cando a xente, o non haber televisión e poucas radios, xuntábase nunha casa, e pra facer o camiño dunhas casas as outras o alumbrado que se utilizaba eran as “fachas” de palla.

Pontenova.es: ¿Sigues vindo habitualmente pola Pontenova en vacacións, Navidad,etc…?, ¿Cando ves en que sueles entretenerte?.

Claro que sigo indo moito polo pobo e pola Pontenova, hai que conservar as raices, as tradicions, e sobre todo visitar a familia, amigos e veciños e conservar o patrimonio. Pero o que procuro e ir sempre polo veran pra Romeria do San Pedro Fiz. Logo por Todos os Santos, pola festa da Concepción en diciembre, pola “sardiñada” que facemos no pobo en San Juan, etc.
O tempo que estou polo pobo, traballo arreglando algunha cousa na casa, sempre hai algo que facer, podo os árboles, bou de compras a Pontenova ou tomar unha cerveza o Rio Eo, ca sua maravilla de tapas. Pero o que non me pode e faltar tempo pra visitar a xente de Vilarmide, e sobre todo a xente maior, para min son todos como unha gran familia, e moi especialmente os meus parentes da casa de Guxo e de Tiuxinto, e unhas persoas moi importantes na miña vida, Luciano e Rosa do Belcho. Tamen aproveito de vez en cando para ir a visitar familiares que teño en Carballido, San Andrés de Logares, Ribeira de Piquín, etc.
E non se me pode olvidar, cando estou no pobo, un dos meus entretenementos preferidos e facer cousas tradicionales da nosa terra, tales como facer o pan, facer a matanza, e logo facer as comidas típicas, cocer unhos cachelos con cachola e unha androlla, facer o caldo, etc. (como exemplo mando duas fotos en donde estou quentando o forno pra facer o pan e logo metendo o pan no forno, axudado polo meu fillo mais pequeño.)

Pontenova.es: ¿Continúas tendo vínculos dalgún tipo na vila (familiares, amistades,etc,…)?.

Como xa dixen antes, no pobo teño familiares na casa de Guxo e na de Tiuxinto, pero para min toda a xente do pobo e como da familia, Muruais, Pericon, Estudiante, etc. Pero a pesar de non ser da miña sangre, teño alí unhos veciños que son como irmaus, xa que me coidan a casa e todo aquello cando eu non estou, son Luciano e Rosa do Belcho.
Logo outro vínculo moi importante, son as reunios que facemos na Asociación de Veciños, xuntamonos pra facer cursos, aunque eu non podo asistir, por estar lonxe, pero o que procuro e tar pras “larpeiradas” que se fan, como en Carnaval, San Xoan, ou a churrascada polo veran, etc.

Pontenova.es: ¿Estás enterado da actualidade do concello a nivel social, político,deportivo,…? e ¿Conocías a nosa páxina web?.

Claro que estou enterado de todo o que pasa na Pontenova, casi todos os días visito a paxina web, como moito pasan dous días sin mirar, polo tanto estou o tanto de todo.
Tamén sigo as noticias do noso Concello a través do que se vai publicando nos diarios galegos en concreto o Progreso de Lugo.
Unha cousa que quero destacar e moito, son aqueles que fan posible que a paxina web de A Pontenova este actualizada e funcione tan ben, e un gran medio para sentirnos cerca da nosa terra os que estamos lonxe, por eso moitas gracias a todos.
Das noticias de esta paxina, sacolle moito proveito as esquelas, xa que utilizo ese servicio maravilloso que nos ofrece Lourido pra poñerme en contacto cas familias, e de esa maneira trasmitirlles o meu pésame.
Tamén me gusta moito seguir a actualidade do noso equipo de fútbol, o Sporting, e o equipo de futbol sala, o Supertí, aunque noto a faltar, as veces, saber en que situación estan na clasificación.
Outro servicio estupendo da páxina, e poñer en contacto a xente das distintas xeneracions, pra facer esas xuntanzas, que non sei si en outros sitios as fan, pero aquí en Tarragona, cando o comento con algún compañeiro quedánse maravillados, por eso gracias tamen os impulsores de estas iniciativas.
Por último tamen utilizo moito a páxina pra estar o día do que pasa ca “fabrica das carrocetas” e do supermercado Cemar, por que o que necesitamos e que A Pontenova siga funcionando, e preocupame moito a xente que poda quedar sen traballo, xa que nas duas empresas teño traballando a bos amigos.
Por eso, e ante esta pregunta, quero dar as grazas, e un abrazo moi forte pra todos os que faceis posible que a paxina da Pontenova esté en marcha, e funcione tan ben, polo que moitas grazas a todos, sodes de moita axuda os que estamos por fora. E que se en algún momento cunde o desánimo ante calquer contratempo que teñades, recordai que hai moitas persoas que estan pendientes de vosoutros todos os dias, e que facedes un traballo social maravilloso.


Pontenova.es: Como lle facemos a todos os entrevistados, queríamos que nesta última pregunta nos contases alguna anécdota ou curiosidad que che sucederá na túa vida relacionada ca Pontenova?.

Pois fai moitos anos, debía eu de ter entre dezaceis e dazaoito anos, pouco mais ou menos, o día trinta e un de decembro, varios rapaces de Villarmide, eu Manolo de Agrelo, Suso de Martín, Hipolito de Muruais e Manolo de Petas, e otra mais xente, fomos a un entrerro a Ribadeo, xa que morrera un señor que fora de o pobo de Vilarmiron. Foranos buscar a Villarmide pra levarnos e traernos a Ribadeo, Eladio con coche de linea. Pro a volta de Ribadeo, os catro mosqueteros, quedámonos na Ponte, para ir de festa a noite.
Cenamos no Albino, cenamos ben, e logo Albino invitounos o postre que quixeramos e toda a cantidade que quixeramos, fartamonos de melocotos en almibar.
Logo marchamos pro baile, que aquel ano faciase no salón de Gasolín, pasamolo de maravilla xa que conocemos a unhas rapazas de Recende. A festa acabou as tres da maña.
Pero ahí comenzou a odisea, facia un frio espantoso, taba todo cerrado, e nosoutros tiñamos que subir para Vilarmide, polo que nos diriximos a parada de taxis, que taba diante do Concello, para que nos foran levar, ilusos, chegamos alí, e alí non había naide, todo oscuro e sin ver a naide pola rua.
Tuvemos sentados nos porches do Concello un pouco, e logo cruzou pola ponte José Luís, o fillo de Eustaquio, contamoslle o que pasaba e querianos levar a dormir a sua casa, pero Suso de Martín, que había estado xa en Suiza e conocía a Morado, o taxista, dixo que él iba a casa de Morado e que este nos levaría a Vilarmide, outra vez ilusos, aquela noite estaba que ibamos a dormir na Ponte.
Chega Suso con Morado, diante do Concello, co taxi que tiña, un mil quinientos, e subimonos todos o taxi e arranca Morado, pero non puxera ainda a segunda, cando alguen de forma desesperada golpeou repetidamente no cristal da tras do taxi. Era un rapaz, non me recordo do nome, de Vilaodrid, que viña todo axfisiado correndo xa que tiña a muller de parto e tiña dentro do seu coche, un seiscentos, que taba aparcado diante dos Fornos, e como él non se atrevía a tirar co coche pra Lugo tendo a muller na situacion que a tiña, polo que ala, rapaces de Vilarmide, baixaibos do taxi, e outra vez pra debaixo dos porches do Concello. Que frio facía. E alí a esperar que volvera Morado de Lugo, que entre ir e volver, daquela ben lle levaba tres horas.
Como eta salida faciase un pouco incomoda, fomos chamar a casa do taxista “Pepe de Luis”, pero dixonos a muller que tuvera que salir de viaxe pra Madrid, despois de comer as uvas.
Logo tamen tuvemos a idea de ir a chamar o taxista “mendio metro”, sen animo de faltar, pero taba enfermo da gripe.
Así que xa desesperados desistimos do intento, e resignamonos a esperar a Morado que chegara de Lugo.
Estuvemos sentados nos porches do Concello unhos pedazos, e outros dabamos paseos pola rua, neses paseos encontramonos con Americo, o do butano, e con Nestor, o peluquero, que tamén nos querían axudar, e con Leal, o Garda Civil. Tamen chegou diante do Concello Lucas, o das motos, que tiña creo que era unha Vespa, na que tiña unha leyenda que poñia “Lucas el verbenas el terror de las nenas”, co que tamen pasamos un bon pedazo xa que non paraba de contar chistes.
Logo seguimos dando voltas, ata que encontramos a “Plazuela” que iba abrir o bar, serian sobre as sete e media ou as oito da maña, e logo de contarlle as andanzas marchamos con ela pro bar, axudamoslle a facer o chocolate e ela friindo unhos churros, así que aquelo comenzaba a ir ben. Desayunamos ben, ata que deron en chegar outras persoas, que por distintos motivos tiñan que madrugar.
Entre estas persoas chegaron tamen dos irmans, creo que xemelos, de Saldoria, que tiñan creo un Seiscentos, e empeñados a que nos iban a levar a casa, pro xa daba igual, unha hora mais ou menos.
Así que xa ven entrado o día, as nove da maña, pouco mais ou menos, chegou Morado, o taxista, que como non nos encontrou debaixo de Concello iba tamen tomar un chocolate con churros. E logo despois marchamos pra Vilarmide, gracias a Deus, sen mais contratempos, xa taba medio pueblo en alerta pra ir a buscar os catro rapaces que faltaban, xa que aqueles eran outros tempos e non se solia trasnoitar tanto, nin dormir fora da casa.

Nada máis, aquí acaba o meu relato.

Aproveito este espacio para recordar e dar as grazas a estas persoas que nombrei nesta historia, un recordo pros que faltan, e deseándolles moita salud os que todavía están entre nosoutros.

GRAZAS A TODOS, E UN ABRAZO MOI FORTE.