miércoles, 26 de septiembre de 2012

A S. D. Albións na Madrid-Segovia 2012

Este sábado pasado, día 22, celebrouse a 3ª edición do Ultramaratón de Montaña Madrid-Segovia que consta dun recorrido de 102 kms cun desnivel acumulado de 2.100 metros de altitud e que transcurre entre a madrileña plaza de Castilla e o Acueducto de Segovia polo Camiño Primitivo de Santiago. A carreira vai pasando por portos de montaña como Colmenar Viejo ou Navacerrada para coronar no Alto da Fuenfría e de alí baixar xa hasta Segovia.
Entre os 1.000 participantes que tomaban a salida atopábase un membro da S.D. Albións, neste caso foi Santiago Coladas quen completou o recorrido nun tempo de 14 horas e 10 minutos rematando a proba no posto 135 da general absoluta.

Destacar tamén que ese mismo día celebrouse en Tordesillas (Valladolid) unha media maratón (21 kms) na que tamén participou outro pontenovés do equipo Albións (Andrés Lombardero) e que acadou o posto 192 dun total de 437 atletas chegados a meta.

CHARLA FORESTAL


- A NOVA LEI DE MONTES
- PRAGAS E ENFERMIDADES DOS EUCALIPTOS
- VENTA DIRECTA DE MADEIRA A FÁBRICA

Esperámoste no Salón do veciñal no ACEBRO, SANTO ESTEBO ESTE XOVES 27 DE SEPTIEMBRE ÁS 16:30.

O BNG comeza a campaña.