lunes, 17 de septiembre de 2012

O PP considera que o alcalde de A Pontenova atrasa intencionadamente a apertura do Punto de Atención a Infancia

. Un informe da Xunta de Galicia rebela que o Punto de Atención a Infancia podía estar aberto dende novembro do 2011
.Todo apunta a que o Señor Darío Campos busca excusas para non abrir o PAI ata a campaña electoral, priorizando así as eleccións aos intereses dos veciños
A Pontenova, 14-9-2012.- O Voceiro do PP na Pontenova, Jorge García, denunciou esta mañá ao Alcalde de dito Concello, Darío Campos, por enganar aos veciños no tocante ao Punto de Atención a Infancia.
Hai uns días, o Señor Campos afirmou que estaba a buscar apoios para abrir o Centro, unha excusa, segundo o popular, pésima.
“Minte cando afirma que está buscando apoio para por en marcha o Centro. Nos o que pensamos que está facendo é agardar á campaña electoral para abrir o PAI” afirma Jorge García, quen asegura que un informe do Goberno Autonómico mostra claramente que o Punto de Atención a Infancia podría estar aberto dende novembro de 2011”.
O Voceiro do PP na Pontenova critica as actitudes do Señor Campos xa que os intereses dos veciños non lle preocupan en absoluto e o único no que está centrado é en acadar votos.
“Por desgracia, esta é outra das moitas demostracións ás que nos ten acostumados o rexedor: palabrería, botar balóns fora, falta de traballo e non asumir ningunha responsabilidade”- conclúe Jorge García.