jueves, 12 de abril de 2012

Incendio nunha casa no Vilar de Conforto.


Esta foi unha tarde tráxica para A Pontenova. Un dos nosos veciños, Gelo e a súa nai, do Vilar de Conforto, da casa do galego, perderon o seu fogar. Afortunadamente, non se atopaban na casa no momento do incendio que destrozou totalmente a vivenda. As orixes do lume non se saben. Veciños, persoal do concello, e mais tarde tres camions de bombeiros do parque de Barreiros enfriaron as paredes do inmoble totalmente calcinado. Mención especial para Javier Mendez, que sempre está o primeiro alí onde fai falla axuda urxente.
En fin, un forte abrazo para Angel e a súa nai, era moi, moi triste ver ese panorama e non poder facer nada.
Facendo clic aquí podedes acceder as fotos para facervos unha idea da magnitude do incendio.

Posdata, publicado o 12/04/2012    as    01:05 da maña;
Estase barallando a idea de abrir unha conta no BBVA e outra en NOVA CAIXA GALICIA  para botarlle unha man a esta familia. Quedaron co posto e perderonno todo. Un par de Euros cada un que entramos nesta web non nos supon moito, e poderiamos axudarlles moitisimo. Hoxe poñeremos mais info. Imaxinadevos que a vós os ocorre algo igual. Graciñas.

Partido Play-off ascenso 2ª Division B SUPERTI A PONTENOVA-BUEU FUTBOL SALA