sábado, 24 de marzo de 2012

Cambio a HORARIO DE VERÁN

A noite de hoxe para mañá será unha hora máis curta, xa que ás 02:00h pasarán a ser as 03:00h para adaptarnos ao horario de verán!! Acórdate de cambiar o despertador, non vaias chegar tarde!!


Cea Xeración do 63

O día 14 de abril celebraremos a cea anual da xeración do 63, a ver si vos vades animando e cada ano vamos aumentando o nº de comensales, espero que así sea, eu creo que a maioría xa sabedes como poñervos en contacto, si non e moita molestia podedes chamar a Gaby (686175356) ou a Angeles (618715259). Agradecemos a colaboración de todos e espero que asistades todos os que poidades.
Avisaremos con antelación pa decir o sitio da cena e a hora.
Un saúdo pa todos.

2ª Cena da generación do 62

O vindeiro día 2 de Xuño celebraremos a segunda xuntanza da xeración do 62. Pa calquera pregunta que queirades facer poñerse en contacto con Millán, o telf e 659081620, mellor po las mañáns.
Falta por decidir o sitio pa celebración, pero en canto poidamos xa vo lo comunicamos.
Un saúdo e animarse pa celebrar o medio siglo.

O PP de A Pontenova denuncia o presunto trato de favor nos prazos de concesión de licencias de obras


O Partido Popular de A Pontenova quere denunciar o presunto trato de favor que reciben as solicitudes de determinadas licencias de obras. Así, segundo pode constatar o concelleiro do Partido Popular de A Pontenova Francisco Lombardero, algunhas licencias de obras se tramitan no prazo dun mes mentres outras tardan incluso máis dun ano en ser tramitadas.

O PP de A Pontenova non atopa  outra explicación lóxica a este feito que non sexa a de que o goberno do socialista Darío Campos non trata, presuntamente, igual a todos os veciños de A Pontenova, senon que “intenta favorecer” aos que considera os seus “amigos políticos”, sen importarlle os prexuizos que poden causar a outras empresas e particulares, que supón que non son afíns ao seu partido, estes retrasos inxustificados.

Con este feito, unha vez máis o PP de A Pontenova quere deixar constancia que este tipo de actuacións non veñen mais  que a poñer de manifesto a falta de transparencia e o “amiguismo” que impera na forma de gobernar do PSOE pontenovés.

Nota de prensa enviada por PP A Pontenova.

O BNG da Pontenova denuncia que o punto de atención á infancia municipal segue sen funcionar


O BNG da Pontenova reclámalle ao Goberno Municipal que axilice a posta en marcha do Punto de Atención á Infancia, que leva pendente desde o ano 2009.  O PAI que viría dar servizo a cativas e cativos de entre catro meses e tres anos, a día de hoxe está sen rematar. Trátase dun proxecto do ano 2009, e que supoñería a única alternativa para as nais e pais do Concello para deixar as súas fillas e fillos, xa que non hai ningunha outra oferta neste tipo de servizos na Pontenova.
Neste senso, desde o BNG da Pontenova tamén se denuncia a incompetencia do Concello a hora de xestionar as axudas públicas recibidas para poñer en marcha o PAI.  Segundo a súa voceira, Mónica Rancaño “o Concello perdeu máis de 9.000 € en axudas públicas para a posta en marcha do Punto de Atención a Infancia por non saber xestionar de maneira correcta o diñeiro público. “  
Desde o BNG da Pontenova pediránse explicacións no vindeiro pleno sobre estes erros que “farán que as veciñas e os veciños teñen que asumir ese sobrecuste, ata un total de 40.700 € para a posta en macha dun servizo esencial, que logo de case 3 anos segue sen funcionar, provocado pola falta de responsabilidade do Goberno de Campos”.


Nota de prensa enviada por Bloque Nacionalista Galego de A Pontenova.