miércoles, 18 de enero de 2012

Partido 3ª Division SUPERTI A PONTENOVA-RIBEIRA futbol-sala


Vicente Ansola en TVE para Galicia.


En el siguiente enlace a partir del minuto 21, podeis ver un reportaje sobre el premio de Vicente:
http://www.rtve.es/

O CONCELLO DA PONTENOVA TERÁ QUE PAGAR 7.752 € EN CONCEPTO DE MULTAS

Segundo a súa voceira municipal, Mónica Rancaño, “o BNG tivo nas últimas semanas coñecemento de que existen dous expedientes sancionadores da Confederación Hidrográfica do Cantábrico por un total de 6.500 € polo verquido de augas residuais en dous núcleos do Concello”.
    Deste xeito, o Grupo Municipal do BNG mostrou a súa preocupación pola xestión que se está a facer desde o equipo de Darío Campos do diñeiro público, e acúsase ao seu equipo dunha total deixadez nas súas funcións.
    A esta cantidade a debedar á Confederación Hidrográfica do Cantábrico, habería que sumarlle outros 1.252 €, que o Concello terá que abonar ao Ministerio de Traballo e Inmigración, por dar altas de traballadores fóra de prazo.
    Segundo Rancaño, “isto é a proba de que o PSOE é incapaz de levar a cabo un traballo serio e responsable no Concello, e fai aínda máis inxustificable os custes salarais que supoñen as adicacións parciais do alcalde e do tenente alcalde” e solicita “que se depuren responsabilidades pola falta de competencia e capacidade, que lle supoñerá ás veciñas e aos veciños da Pontenova, dispoñer de case 9.000 € menos para outros fins”.
    Desde o BNG da Pontenova, cuestiónase que estes sexan os únicos expedientes sancionadores aos que o Concello tería que facer fronte, co que preguntarán no vindeiro pleno da semana que vén sobre se existen outras actas de infracción desta natureza.

XXXIV Festa da Troita A Pontenova 2012

Xa temos a data e orquestras para as vindeiras festas da troita 2012 organizadas polo CIT.

Luns Día 30 de Abril: Solara e Trebol

Martes Dia 1 de Maio: Capitol e Lucía Perez