lunes, 12 de septiembre de 2011

Festas en Villaeimil 2011


Curso de iniciación al cuero artesano.


A Pontenova 12:30 H. 12/09/11

Imaxe inedita a tomada hoxe no casco urbano da Pontenova coincidindo co arranxo da N-640. Nin un so coche, nin aparcado nin circulando e so duas persoas na rua. Foto para o album dos recordos.

Suxerencias Contacta

Asunto:Felicitación os de Santirso

Creo que poderiamos aproveitar dende esta estupenda páxina para felicitar o concello veciño asturiano de San Tirso de Abres pois acaba de ser galardoado pola Fundación Premios Príncipe de Asturias como pobo Exemplar do ano. Aquí poño dous enlaces para coñecer un pouco máis do premio e das iniciativas que levaron a Santirso ao premio. Un saúdo.

http://acsantirsodeleo.blogspot.com/

http://www.fpa.es/prensa/news/la-comunidad-vecinal-de-san-tirso-de-abres-premio-al-pueblo-ejemplar-de-asturias/

SPORTING PONTENOVA 2011/2012

Mal comezo de liga do equipo dirixido por Dani Moirón que perdeu na xornada inagural desta liga 2011/2012 fronte o S.D. Guitiriz por un contundente 0-3. Nunha tarde agradable para a práctica do fútbol, cun Campo da Mina en bo estado, e que rexistrou unha boa entrada de aficionados para ver o debut do seu equipo nesta nova temporada.

O equipo da Mina tardou en entrar no partido, e non conseguir adaptarse o ritmo imposto polo rival, que aínda que na tarde de ontes non tivo que nin siquiera emplearse a fondo para vencer o equipo gualdinegro, a ben seguro que estará nos postos altos da clasificación.

O equipo local, ademáis sufriu as lesión do gardameta Juanky e do centrocampista Fran, que poden ser de gravidade.

O próximo sábado, as 17:00h, o Sporting Pontenova visita o Campo da Bidueira para enfrontarse a S.D. Cervo, coa intención de cambiar a imaxe mostrada nesta primeira xornada de liga e conseguir sumar os seus primeiros puntos.