jueves, 30 de junio de 2011

Festas na honra a San Cristovo en Riotorto - 2011

A Pontenova oferta tres campamentos de verán para nenos de 4 a 16 anos

O Concello da Pontenova organiza tres campamentos entre o 18 e o 31 de xullo para rapaces desde catro ata 16 anos, cun programa lúdico e didáctico que inclúe todo tipo de xogos, ademais de clases en inglés con profesores nativos e obradoiros de medio ambiente ou reciclaxe.
Hai tres tipos de campamentos: dunha semana, para rapaces de 12 a 16 anos e un prezo de 70 euros que inclúe aloxamento en carpas, comidas e actividades; outro de cinco días, só polas mañás, para nenos de sete a once anos e 25 euros de custo, que inclúe un refrixerio ó mediodía sen comida, e un campamento infantil para pequenos de catro a seis anos, tamén de cinco días de duración, 25 euros de prezo e con refrixerio incluido.
Cada un deles conta con actividades específicas para a idade dos participantes. Os interesados en apuntarse deben facelo no concello antes do día 30 deste mes.

Excursion o embalse de Villagudin. CIT A Pontenova


EXCURSIÓN O EMBALSE DE VILLAGUDIN (ORDENES)

DOMINGO 3 DE JULIO DE 2011

SOLO PARA SOCIOS PESCADORES DO CIT

ANOTARSE NO TEL. 636476132 (TARACHO)

O CIT informa que medio ambiente soltou o pasado martes 1200 troitas de 5 cm. no tramo de pesca sin morte na Pontenova, e que xa está en marcha unha nova edición da paella para finais do mes de xullo.
Fuente: CIT A Pontenova