lunes, 14 de marzo de 2011

Un condutor queda atrapado tras chocar o seu coche contra outro

Un equipo de excarceración do Grumir da Pontenova (Lugo) rescatou este luns a un condutor dun vehículo que quedou atrapado no seu coche, tras sufrir un accidente contra outro e quedar a porta atrancada.
Segundo informaron fontes do 112 a Europa Press, o sinistro tivo lugar sobre as 15.24 horas, cando dous turismos chocaron no quilómetro 45 da estrada que vai da Pontenova a Meira, no lugar de Vilaxe.
Un dos vehículos recibiu un forte golpe lateral pola parte do condutor, co que este non podía saír e necesitou ser excarcerado; mentres que o seu acompañante saíu polo seu propio pé. Ao lugar tamén se desprazaron efectivos do 061 e da Garda Civil de Tráfico.
Fuente: El Progreso

Veo Veo

¿Donde estamos?

Esquela funeral Manuel Fernández Fernández (Casa da Pita - A Pontenova)