miércoles, 2 de febrero de 2011

Veo Veo



Que pueblos estamos viendo?


Cuadrilla de San Julian de Villaboa gañadora da temporada de caza 2010/11 de caza de xabaril no coto de A Pontenova.

Finalizou a temporada de caza deste ano de xabaril na Pontenova resultando gañadora a cuadrilla de villaboa con un total de 29 xabariles abatidos por diante da de Rececende con 20 e da do Enredo con 12.
O último día fixemos unha pequena cena e tiramos unhos foguetiños pa celebrar a victoria e entregar unhas medallas ós catro cazadores máis destacados da cuadrilla de este ano que son os que aparecen na foto  e os cales son:
Pepe do Eo como "o mellor perrero da temporada" polos seus xabariles controlados en Teixido.
Rosende (O patrón)como "o máis rancio da temporada" polo moito e ben que nos berra cando anda o xabaril a correr polo monte pra que o matemos, pero dende que ta morto xa é outro home moito mellor de aguantar.
Toño do Couso como "o mellor picarrastros da temporada" polo gran labor que fai todo o fin de semana no monte buscando rastros e controlando xabariles xa que coma él non hai outro e é o noso gran maestro e ademáis o mellor jefe de cuadrilla que podemos ter.
E por último Diego das Barreiriñas como "a revelación da temporada" polos xabariles que controlou co seu cadelo novo que aínda que sean os dous principiantes fixeron unha gran temporada e teñen un gran futuro na caza ainda que ten que mellorar algo con esa paralela.
Esto é todo por este ano, un saudo a todos os da cuadrilla e ata o ano que ven que temos que revalidar o título.
Fuente: CATOA.

A onda de roubos esténdese á Pontenova co atraco a un bar

Isabel García / Lupe F. Bouza / El Progreso (A Pontenova)
O atraco a un céntrico bar pontenovés, ocorrido na madrugada de onte, demostra que a onda de roubos que afectou o momento principalmente a Ribadeo esténdese tamén ao interior mariñán.
Os ladróns forzaron a porta do Bar Esquina, romperon varios cristais para acceder ao local e levaron o que contiña a máquina comecartos, sen ocasionar máis desfeitas, polo que a xerente do establecemento considera que «sabían ben o que facían porque foron directamente á máquina, non miraron nin revolveron nada»máis .
A dona do bar, que vive xusto encima do local, quedou asombrada polo sixilo dos cacos, xa que non escoitou «nada en absoluto, a pesar de que romperon cristais». Tamén lle chama a atención a ausencia de testemuñas e iso que o suceso tivo lugar «en pleno centro da Pontenova, á beira do consistorio», aínda que ocorreu «entre as dúas e as cinco da madrugada», xa que os propietarios abren o establecemento ás seis da mañá, momento en que se atoparon coas desfeitas que aínda non puideran cuantificar ao peche desta edición.
A dona do establecemento está convencida de que o roubo foi perpetrado «por unha banda, que anda de ruta pola zona» e admite que pouco se pode facer para evitalo, porque non se vai a pór un vixiante por local», aínda que o único que espera é non ter que atoparllos «en persoa polo que poida pasar».
Éste é o segundo atraco que sofre o local, tras un primeiro que tivo lugar «hai xa moitos anos», como sinalou a actual propietaria.

ITV A Pontenova 2011


PONTENOVA, A Chousa da Veiga (UM 1) LIGEROS.
Do 2 ó 8 de Marzo, 25 a 30 de maio,14 a 16 de setembro,24 a 30 de novembro excepto 8 de Marzo, 30 de maio,16 de setembro, 25 e 30 de novembro que efectuará o cerre as 13:30 horas.

Podes atopar esta entrada mais tarde si utilizas o buscador de pontenova.es que se atopa arriba a dereita marcando ITV.

Fotos antiguas.

Carnavales 1988 ou 1989