sábado, 1 de enero de 2011

O REMATE DO ANO

Nombre:Jose Luis - Lilo
Correo:jlginzo@gmail.com
Asunto:O REMATE DO ANO
 

Os anos, son seres vivos, nacen, medran e morren, deixándonos orfos das ledas troulas e das tristuras que no seu percorrido foron tecendo a tea da Historia dende co mundo é mundo.
Remata o dos mil dez e asoma o nariz o dos mil once, cadaquén escolle o mellor e o malo do que foi e prega para que o recén nacido, non sexa máis malo có derradeiro. Nesta sociedade, perteñecente a continente desenrolado, segundo os parámetros fixados polo analise económico, somos os afortunados humáns, ainda que o cabreu cotidián sexa contra os gobernos, as cifras de desemprego, a idade de xubilación, o cheuqe bebé, ecétera, ecétera.