lunes, 27 de diciembre de 2010

Voltamos cos comentarios


Antes de nada, disculpade estas "idas y venidas". Volvemos a habilitar a inserción de comentarios. Todos aqueles que nos cheguen serán moderados, como fixemos os últimos meses, e posteriormente publicados. Isto quere dicir que se seguirá facendo coma antes, non deixando pasar ningún comentario que trate de política ou atente contra terceiras persoas. Como non é posible que a xente se identifique dunha forma veraz e fiable, pedimos encarecidamente que se alguén se sinte ofendido por algún comentario porque pensa que vai en contra del (e por algún casual non nos demos conta e o publicamos, ou o comentario vai con segundas e non nos enteramos) que o comunique e será retirado do blog sen ningún problema. Para evitar este tipo de cousas, haberá noticias que non permitan a inserción de comentarios

Para evitar líos, rogamos que poñades un nome en lugar de "Anónimo", anque só sexa un seudónimo. A razón disto, é que se non é imposible contestar comentarios porque todos se chaman igual; anque poñades "Anónimo1", "Anónimo2", "Pinocho", "Pepe", "Manolo",... iso sí, o óptimo sería identificarse ben!

Un saúdo.
Fdo.: Carlos Lombardía (chass84)

P.D.: Hai un texto xusto enriba de onde se escriben os comentarios que di "Las opiniones vertidas en la sección de comentarios son propiedad de sus respectivos autores. PONTENOVA.ES  no se solidariza ni responsabiliza por la exactitud y verosimilitud de las opiniones vertidas o artículos publicados en la sección de comentarios, y declina toda responsabilidad por la utilización que se le dé a los mismos. PONTENOVA.ES se reserva el derecho de eliminar los mensajes enviados a la sección de comentarios si son considerados inapropiados para el contenido del sitio."

Fotos del facebook de pontenova.es