lunes, 12 de julio de 2010

¡¡¡Dios mío, dime que no es un sueño!!!

Pincha na imaxe para ver as fotos da celebración da campeona do mundo no mundial de Sudafrica 2010.
ESPAÑA

O PP SOLICITA UNHA OFICINA NAS DEPENDENCIAS MUNICIPAIS

O Grupo Municipal do Partido Popular de A Pontenova solicita á Alcaldía que lle habilite unha oficina nas dependencias municipais nas que este Grupo poida levar a cabo as tarefas propias do Grupo Político, así como para poder atender aos/ás veciños/as que se queiran poñer en contacto co mesmo.
Por outro lado e con relación ás dedicacións parciais do actual equipo de goberno, a dedicación do Alcalde, Darío Campos, supón un gasto de 3300 Euros mensuais máis as dúas correspondentes pagas extraordinarias, ante o que este Grupo Municipal quere facer constar que estas retribucións son as máis altas de todos os ediles da Mariña e para exemplo sirva a dedicación exclusiva de 1900 Euros netos mensuais do Alcalde de Viveiro (PSG-PSOE), a exclusiva de 2081 Euros netos do Alcalde de Ribadeo (BNG) ou os 2000 Euros netos da exclusiva do Alcalde de Trabada (PP), mentras que a de Darío Campos é de 2500 Euros netos mensuais, pero parcial.
Este grupo continúa preguntándose cal sería o salario do actual Alcalde de A Pontenova si cobrara unha dedicación exclusiva e no puidese continuar exercendo a súa actividade privada de veterinario, xa que como o propio PSG-PSOE afirma "as asignacións están directamente relacionadas cos ingresos que viña obtendo na súa actividade profesional".
Por outro lado, á afirmación de que as retribucións do anterior equipo de goberno eran superiores, quixéramos dicir que faltan á verdade, xa que as retribucións do actual equipo de goberno cóstanlle ao Concello aproximadamente 300 Euros mensuais máis que as anteriores, e co coste engadido de que servizos que realizaba o anterior concelleiro de obras, neste momento cónstanos que se están a realizar por funcionarios municipais.

A CONSELLERIA DE MEDIO RURAL FINANCIA O 100% DA MELLORA DE VARIOS VIALES NA PONTENOVA

A Consellería de Medio Rural, a través dun convenio firmado co Concello de A Pontenova, dentro do Programa Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural, financia o 100 % das obras de mellora en camiños de A Pontenova, concretamente MELLORA DE CAMIÑOS EN SOUTO DE MOGOS, EN LIÑEIRAS, EN SAMPAIO, EN VILARXUVÍN E EN XUDÁN.
Desde o Partido Popular de A Pontenova congratulámonos por estas medidas adoptadas pola Xunta e esperamos e loitaremos para que continúen as inversións na Pontenova.
Fuente: pp a pontenova

LECER NA PONTENOVA

Meu padrin Pepe, Pepe de Fermin, hirman de Ramón de Pedro, etc