viernes, 28 de mayo de 2010

Excelente actuación dos pilotos do equipo Sta. Apolonia en Salas.

Superando todas as expectativas iniciais cunha actuación sólida dende o primeiro quilómetro, Pipo López conseguiu unha merecida vitoria en Grupo N e o seu primeiro podio absoluto co terceiro posto, mentres que Óscar López puido volver aos postos de cabeza, sendo finalmente oitavo.
Nun día no que as condicións climatolóxicas foron absolutamente propicias, cun piso totalmente seco e o sol lucindo dende primeira hora, os pilotos lucenses comezaron situándose entre os mellores xa dende a primeira pasada grazas a un ritmo constante. Nas restantes especiais, facendo gala da regularidade que os caracteriza, conseguiron seguir situados entre os mellores ata alcanzar a meta en Salas co Mitsubishi Lancer e o Peugeot 206 RC entre os 10 mellores, cumprindo de sobra os obxectivos.
Para Pipo López o resultado é un premio, sen dúbida. Despois de varias tempadas en que a sorte non nos acompañou en tantos momentos, por fin chegou o bo resultado. Conseguín o meu primeiro podio absoluto, ademais de vencer en Grupo N, á parte de que o coche funcionou perfectamente. Só podo agradecerlle o traballo a todo o equipo e o apoio dos patrocinadores. Sen dúbida é o empuxón que necesitaba.
Óscar López, pola súa banda, tamén estaba contento polo resultado, estivemos a pelexar pola vitoria dentro do Grupo A ata o último momento e só nos separaron 3 segundos dela. Ademais estivemos entre os 10 mellores e todo funcionou sen problemas, co que sumamos uns puntos importantes de cara ao campionato. Hoxe todo foi positivo para o noso equipo co que temos que seguir traballando nesta liña.
A próxima participación prevista para o equipo de rallys de Sta. Apolonia S.L. será o a terceira cita puntuable para o Campionato de Asturias de Rallysprints, o Rallysprint de Grandas de Salime, a disputar o próximo 19 de Xuño.

LECER NA PONTENOVA

Aquí se está D. Enrique xunto con Dna María, Eugenio de Goios, Rico de Vilaoudrid. Ramón do Mariñeiro, Arango de Vilameá, Poután de Xudán, etc, etc