viernes, 7 de mayo de 2010

Mañá disputaranse en Foz as finais da Copa dá Mariña de fútbol sala

Os pavillóns dos colexios focenses do Pilar e o Martínez Otero acollen mañá sábado, día 8 de maio, a fase final da Copa dá Mariña de fútbol sala. ás dez da mañá xogarase no Martínez Otero a primeira semifinal da categoría benjamín, entre Mondoñedo e Burela A, e ás once a segunda: Praia de Covas-Pontenova. A final empezará ás 12.30 horas.
No Pilar disputarase a categoría alevín. ás 10 horas enfrontaranse o Santiago de Foz co Burela e ás 10.50 horas O Pilar e O Valadouro. Seguidamente xogarase a final.

CONVOCATORIA DE PROCESO SELECTIVO PARA PROVER A PRAZA DUN TÉCNICO PARA O GDR3

O GDR3 convoca proceso selectivo para prover a praza dun técnico que se encargará da xestión do Programa LEADER 2007-2013.
O prazo para recibir as instancias abrirase o mesmo día de publicación do anuncio no BOP de Lugo, previsto para o vindeiro día 11 de maio.
Podese descargar as bases da convocatoria e os anexos na seguinte ligazón.

Paulo Martinho Festa da Troita A Pontenova 2010 (5)

NO a la central eléctrica en el Rio Eo en Ribeira de Piquin.

O grupo do Facebook  NO a la central eléctrica en el Rio Eo en Ribeira de Piquin superou os 500 membros e esta a ter unha excelente acollida ante esta barbaridade que queren acometer na Ribeira de Piquin. Recordar que a manifestación e o vindeiro sábado, e que tamen podedes mostrar o voso apoio no grupo do facebook. Estas son algunhas das opinións recollidas no grupo:

 *Toda esta obra/desastre ecolóxico por producir menos de 4 Megawatios/h no mellor dos casos que sería en pleno inverno. Non chegarían nin para Ribeira de Piquín que obviamente nunca vería nin o rastro deles. Por que sempre temos que deixar que nos estraguen os montes, os ríos, as costas, etc. para que os grandes empresa...rios/especuladores leven os seus "beneficios" e cando veñan tempos peores xa escaparán deixándonos a nos esta desfeita. NON ÁS PRESAS DE CALQUERA TIPO NO RIO EO.

* Non é que deixemos que estragen os nosos montes, ríos, costas, fragas... O problema é que os de arriba se poñen de parte do capital, representado por grandes empresas, e mentras nos somos só un simple puñado de votos insignificante para os seus fins, que son os de enriquecerse pasando por riba de calquera. Polo menos ha...i que facerlles saber que non van a contar con nos para estragar, expoliar e destruir nin a Ribeira, nin a Terra Chá, nin as fragas do Eume, nin o Courel... Unha lista moi larga.
  
*Hai que joderse...eles poden facer embalses de 9 km. pero un non pode nin rozar ó lado do río...vamos de mal en peor, e eso que se supón que é un río protexido por aquelo das troitas e os salmóns, xa vés nesta provincia sempre ó revés do resto do mundo..que patético!!!

*Están a "amaña-lo" Eo (poño entre comiñas porque coas obras estan é unha desfeita) ó seu paso pola Pontenova, e agora veñen cunha minicentral... róncalle o nabo.

LECER NA PONTENOVA

Enrique de Candelero, Pepe de Luis e Suso de Gasolín etc