viernes, 9 de abril de 2010

O PP asegura que “constataron in situ que na estrada A Pontenova-Riotorto non hai ninguén traballando”



O Partido Popular acusa á Deputación de enganar ós veciños de A Pontenova
* Os populares constatan que na estrada A Pontenova-Riotorto “non hai ninguén traballando”
* Barcia recoméndalle a Lara Méndez “facer menos anuncios e viaxiños, e dicir a verdades e traballar máis”
O Grupo provincial do Partido Popular acusou á Deputación de enganar ós veciños de A Pontenova porque constataron in situ que na estrada A Pontenova-Riotorto “non hai ninguén traballando, e por non haber non hai sequera sinalización de obra”.
Os deputados provinciais José María González Barcia e José Manuel Yanes Ginzo, acompañaron ó portavoz popular no concello de A Pontenova, Jorge García, entre outros membros do PP local, nun percorrido pola totalidade dos once quilómetros do vial indicada, a LU-4803, constatando que “a tén máis semellanzas coa superficie lunar que cunha vía de comunicación do século XXI”.
O voceiro adxunto do PP na Deputación, José María González Barcia, pediulle a Lara Méndez “menos anuncios e menos viaxiños, e máis verdades, traballo e compromiso”. Segundo indicou, “non é de recibo que Méndez faga afirmacións que non son certas, e que anuncie visitas nun tono entre xocoso e amenazante porque o único certo é que a estrada está intransitable e que, como non comencen de inmediato a arranxala, unha boa medida para sacarlle proveito sería facer unha plantación de pinos porque para outra cousa non serve”.

Programa da peregrinacion a Santiago 2010


LECER NA PONTENOVA

Vemos a Rojas o fundador da Xolda de paseo por Santiago de Compostela con Venancio de Cabodevila