martes, 2 de marzo de 2010

SUPERTI A PONTENOVA -TORRE DE LOS REYES(LANGREO) / Sporting Pontenova-Pastoricense



O GDR3 PARTICIPA NAS CHARLAS SOBRE GANDERÍA EXTENSIVA EN A FONSAGRADA

O pasado luns 1 de Marzo comezaron en A Fonsagrada unhas charlas informativas sobre gandería extensiva. Estas xornadas están dirixidas ós gandeiros da comarca e poderán participar nelas de forma aberta. Organizadas pola FRUGA (Federación Rural Galega), rematarán o próximo Mércores 10 de Marzo. O GDR3 participou nestas charlas a través da súa xerente, Mónica Rancaño Freire, ofrecendo unha charla informativa sobre Desenvolvemento Rural. Nesta charla, a que asistiron uns 50 gandeiros da comarca de A Fonsagrada, ademais de informar ós gandeiros sobre as medidas e liñas de axuda da Convocatoria LEADER Galiza 2007-2013 que mellor se adaptan ás súas características, se analizaron aspectos do sector na comarca a través dunha análise DAFO. O programa completo das charlas é o seguinte:

LECER NA PONTENOVA

Nidia Gavino pasounos unha foto de fai anos, podemos ver a Carmiña, Dina e Mº Teresa de Santalla, Marisol de Zapico de Vilameá e  Nidia, Marina e Carlos, a foto ten 42 anos nada mais.