martes, 9 de febrero de 2010

Que viene.... que viene..... Xa esta aqui o Entroido.




Pontenova.es presentará un novo deseño o luns 22 de Febreiro

Moitisimas son as novidades que nos imos atopar a partir do dia 22 en pontenova.es pero a mais importante será a sección de LECER NA PONTENOVA.


Historia viva do noso pobo 

Lecer na Pontenova.
 
PRESENTACIÓN.
Historia viva do noso pobo, Lecer na Pontenova e una iniciativa de Pontenova.es coa idea de seguir aportando os nosos fieis que visitan esta páxina web  (nativos ou simpatizantes, desplazados ou presentes, futuros visitantes) información para seguir fomentando o interese da mesma xa que dalgunha maneira temos que agardecer a boa acollida e constante incremento de visitas da mesma, moitas gracias de parte da dirección e de todolos colaboradores de pontenova.es .
Neste apartado vaise a intentar (como o seu título indica) de forma alternativa, informal, pero chea de respeto, plasmar en imaxes e textos de arquivo pola sua antiguedade, e da actualidade mais presente mostrar no mais posible a historia do noso pobo asi como a forma mais amena e turística de dar renda solta o lecer na pontenova.
  Imos mostar imaxes donde seguramente recoñezamos persoas, textos e cousas que nos gustará lembrar, asi mesmo, alguna das moitas alternativas que presentan os nosos arredores e o noso pobo para disfrute de xornadas cheas de agarimo das suas xentes e de fermosas vistas dos seus paraxes naturais e cheos de historia.
 Non queremos extendernos mais e si seguir a traballar para que sexan vostedes os que coas suas visitas a nosa web nos demostren o acerto ou erro desta iniciativa e disfruten de A Pontenova tanto coma nos mostrándolles día a día a morriña e fermosa actualidade.
 Pontenova.es

Crecen os apoios que piden en Galicia e Asturias a mellora da N-640 e critican a súa deterioración

Un dos propósitos dunha asociación como As Minas era lograr que a súa campaña fose apoiada por outros colectivos. Os primeiros apoios xa se solicitaron, pois tres asociacións do municipio da Pontenova -a de mulleres rurais, a de comerciantes e o Centro de Iniciativas Turísticas (CIT)- expresaron a súa adhesión a esta iniciativa. De todos os xeitos, a intención, como explicou onte Veiga, é trasladar esa petición a colectivos doutros municipios.
O que en cambio se descarta, a pesar de habelo previsto nun primeiro momento, é a posibilidade de dirixirse directamente aos concellos para solicitar o seu apoio a esta medida. Con todo, non se rexeitarán os respaldos que esas institucións lles mostren. De feito, o BNG presentou mocións para reclamar o arranxo da vía: por exemplo, a corporación de Pol deu o seu apoio a esa proposta no pleno celebrado a semana pasada.
Problema «de todos»