domingo, 2 de agosto de 2009

III FERIA DE ARTESANIA MUEBLES Y ANTIGUEDADES

Más de 70 mayores de A Pontenova, disfrutando en San Pedro Fiz


El verano siempre invita a disfrutar del aire libre y las comilonas campestres como la que hizo recientemente la Asociación de Xubilados de A Pontenova. Más de 70 disfrutaron del encuentro en San Pedro Fiz.
LA VOZ DE GALICIA

A taberna pontenovesa da Ermida cumpre 60 anos


O aniversario deste
bar singular coincide
cos festexos da zona
Carlos Sainz
e Sergio Vallejo
estiveron neste local.
EL PROGRESO. SILVIA TELLA

Sigue leyendo...



En 1949 fundouse
a actual ‘Tenda de Manolo’ na pequena
parroquia rural de Ermida
de Vilaboa, a uns 10 quilómetros
da Pontenova. Os pais e os tíos
de Manuel Veiga abriron daquela
este negocio que servía de tenda
de ultramarinos e de centro social
para os veciños, mentres Veiga
axudaba á súa familia detrás dunha
barra máis grande ca el. Con
só vinte anos, este pontenovés
púxose a cargo das contas e vendas,
e notou o peso da tradición
familiar aprendida durante anos.
Agora, a taberna celebra o seu 60
aniversario.
Veiga lamenta non poder traspasarlle
esa mesma tradición as
súas dúas fillas, que decidiron
adicarse a outros empregos. Veiga
vaticina como despedirse do local
trala súa xubilación, aínda que
clarifica que con 49 anos, aínda
lle queda «moita guerra por dar»
no local que o viu medrar.
DIFICULTADES . «Cunha tenda de
alimentación non se vive hoxe
en día pero si se pode saír adiante
promocionando novos artigos
sempre e cando os impostos non
sexan máis altos para nós que
para os grandes supermercados»
afirma Veiga.
A ‘Tenda de Manolo’ é actualmente
a única que sobrevive na
zona co paso do tempo, e quizáis
por iso sexa a que máis aprezo
gañou entre os veciños. Despois
do peche de outros vinte establecementos
na zona, agora Manuel
Veiga confía en que o labor dos taberneiros
permaneza cando menos
na memoria da xente que o
viu mesmo facer de psicólogo.
AnÉCDOTAS. Tras 33 anos ó cargo
da súa taberna Veiga considera
que o mellor do seu labor son as
anécdotas. O caso máis memorable
foi o de «uns mozos que en
pleno decembro baixaron á taberna
a por fío de atar chourizos ás 4
da tarde e volveron para as casas
ás 2 da mañá». Pero sen dúbida o
taberneiro quédase con outro tipo
de anécdotas protagonizadas por
homes do motor.
Carlos Sainz nos oitenta e fai
pouco o futuro campión de rallies
de España Sergio Vallejo tomaron
café neste lugar. Momento
que Veiga aproveitou para darlles
a asinar a súa colección de fotografías
de carreiras de bólidos que
aínda conserva intacta.