miércoles, 15 de abril de 2009

«Os novos non foxen das festas, veñen máis tarde á música máis movida» FÉLIX CABODEVILA Xerente de Lugonorte de Espectáculos


Este vindeiro venres o Pazo de Feiras e Congresos acollerá a partir das nove da noite a actuación de cinco orquestras de grande renome. A entrada é gratuíta e da organización do evento encárgase Alfa 3 Producciones Artísticas e Lugonorte de Espectáculos. Félix Cabodevila (A Pontenova, 1959) é o xerente desta última compañía.

Entrevista





-¿Que teñen preparado?

-Temos un festival no que presentamos cinco das nosas orquestras: Poceiro, Aché, Passarela, Ledicia Espectáculo e Ipanema. Van estar as comisións de festas da provincia de Lugo e tamén representantes artísticos de moitas axencias, sobre todo do norte de España e de Portugal. Está a chamar moita xente de fóra que non coñece a cidade para quedarse aquí o fin de semana. Teremos servizo de polbo e churrasco para os asistentes e inchables para os nenos. O espectáculo está aberto para todo o público en xeral e a entrada é gratuíta.

-¿Rexorden as festas?

-Tanto é así que de feito algunhas como as de A Campiña que levaban moito tempo sen facerse, recupéranse este ano. Os novos non foxen das festas, pero a primeira hora está a xente maior e máis tarde veñen os mozos, porque a música é máis movida.

-Moi pronto de aniversario...

-O ano que ven Lugonorte cumpre 25 anos e temos moitas sorpresas preparadas. Entre elas, temos pensado sortear entre as comisións de festas un coche e unha viaxe ao Caribe.
VOLVER

NOVO HORARIO PARTIDO SUPERTI- CONCELLO DE TRABADA‏


O Partido que se disputará o sábado 18 no Pabellón Municipal de A Pontenova entre o SUPERTI A PONTENOVA e o CONCELLO DE TRABADA será as 18:00 horas (SEIS DA TARDE) e non as 19:00 como estaba anunciado.